Proxectos de innovación didáctica no ámbito na FP premiados pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia nas convocatorias dos anos 2017, 2018 e 2019
Segundo a súa web, o programa autofirma é unha aplicación de sinatura electrónica desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Este programa pode ser executado dende o navegador e permite a firma e identificación en páxinas da Administración Electrónica cando se require a sinatura nun procedemento administrativo.
Este programa, por mor das últimas actualizacións da máquina de java, pode non funcionar directamente en GNU/Linux, polo que deberemos empregar unha versión que de java compatible.
Os seguintes pasos farán funcionar autofirma 1.6.2 en GNU/Linux Mint 19 Cinnamon.
Prerequisitos:
O primeiro paso será baixar autofirma da páxina web (consultar abaixo a ligazón), pechar o navegador e facer dobre click no arquivo para instalalo, pediranos o contrasinal de administrador.
Agora debemos abrir unha terminal (por exemplo presionando ctrl+alt+t ou indo ao menú de inicio ou actividades e buscar “terminal”).
Na terminal cambiaremos a máquina de java por defecto á 11. Para iso tecleamos:
sudo update-alternatives –config java
No noso exemplo, a opción a elexir (lembremos, versión: 11) será a 0.
Agora probaremos o programa tecleando na terminal:
AutoFirma
(ollo, debe teclearse coas letras maiúsculas correspondentes)
Agora, de ter protexidos os certificados da FNMT no noso navegador Mozilla Firefox con contrasinal (opción moi recomendable) debemos teclear a mesma para que AutoFirma poida ler os certificados.
Acto seguido, aparecerá a pantalla principal do programa
Debemos arrastrar un arquivo enriba do programa para firmalo ou ben darlle ao botón “Seleccionar fichero a firmar”, unha vez temos un arquivo seleccionado, aparecerá a pantalla principal co arquivo seleccionado:
Agora debemos elexir o certificado con que queremos efectuar a firma, normalmente só nos aparecerá o certificado da FNMT, neste caso, hai dous certificados de comodo máis, que permiten a firma cun certificado NON recoñecido polas administracións públicas. No caso que queiramos firmar cun certificado válido, o exemplo máis sinxelo é o da FNMT, aínda que para varios colexios profesionais ou colectivos, hai outras entidades certificadoras de confianza que poderían ser aceptadas pola Administración.
Tras seleccionar o certificado, debemos especificar onde queremos gardar o arquivo asinado.
Unha vez seleccionado o arquivo destino, se todo foi correcto, AutoFirma devolveranos unha mensaxe de éxito.
Pechamos autofirma e xa estamos listos para empregalo nas webs da Administración.
O seguinte paso será abrir o navegador e ir a algunha páxina para probar autofirma: (consultar abaixo a ligazón “Probar o certificado”).
Ligazóns