Proxectos de innovación didáctica no ámbito na FP premiados pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia nas convocatorias dos anos 2017, 2018 e 2019
Os informáticos do grupo de traballo empaquetaron a instalación de Prestahop 1.7 para que os docentes que non somos informáticos poidamos instalar e borrar até 90 tendas de comercio electrónico con este CMS para uso dos nosos alumnos nas actividades da aula. E todo iso a golpe dun só clic e a un custo de entre 5 a 20 € mes/centro educativo en función do nivel de recursos que cada centro precise. A cesión da ferramenta é completamente gratuíta, unicamente abónase o custo do hosting e directamente á empresa que aloxe os servidores. Todo o empaquetamiento está feito para que funcione no hosting que proporciona a empresa Dixital Ocean. Os informáticos do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol adaptaron a ferramenta para que funcionase noutro hosting. Por tanto é posible modificar a ferramenta para que corra noutros hosting, pero este labor necesita a intervención de técnicos que realicen os cambios precisos para que corra noutras contornas. Nos seguintes enlaces poden baixarse vídeos explicativos da ferramenta, da montaxe nos servidores de Dixital Ocen e a documentación elaborada polos informáticos do grupo de traballo.