Actividades Comerciais

Proxecto de innovación didáctica de Formación Profesional premiado pola Dirección Xeral de Educ., FP e Innovación Educ. (Resolución 9 de maio de 2017)

Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


prestashop_plugin_tpv_abanca

Como instalar o TPV de ABANCA no Prestashop

Tamén pode descargar esta información completa en PDF: configurar-tpv.pdf

Extraendo os datos necesarios do panel de ABANCA

Imos á dirección de probas do TPV: https://comercios.ceca.es/pruebas posto que imos facer a instalación no modo de probas, no que teremos varias tarxetas asignadas para facer probas antes de pasar a producción (contorna real). Introducimos o noso usuario e contrasinal.

Cando accedemos ao noso panel, apareceranos unha pantalla similar a esta, facemos click en configuración:

Na configuración anotamos os seguintes datos, pois ímolos necesitar logo:

  • MerchantID
  • AcquireBIN
  • TerminalID
  • Clave secreta de encriptación

A clave segreda de encriptación debería cambiar (segundo o manual de ABANCA) do entorno de probas ao entorno real.

Si queremos que nos xenere os pedidos, debemos meter no campo “URL online OK” a dirección da nosa tenda e despois o texto en negrilla do exemplo:

Baixando e arranxando o módulo compatible con CECA

ABANCA empega a pasarela de CECA (Confederación Española de Caixas de Aforros). Debido a iso, os módulos que aparecen para TPV na web do panel de administración de Prestashop non son compatibles, sen embargo temos unha opción libre e gratuita, máis debemos facer un par de pasos máis. Primeiro imos á web da persoa que fixo o módulo: https://github.com/RubenQuintela/cecamodule

Facemos click no botón verde “Clone or download” e apareceranos este cadro:

Facemos click no botón azul de “Download ZIP”. E baixamos o arquivo a algún sitio (por exemplo o escritorio).

O problema é que agora non estaría listo para funcionar, pois en lugar de baixarnos o zip cos contidos directamente nunha carpeta chamada “cecamodule”, crea un zip que dentro ten unha carpeta “cecamodule-master” na que están os arquivos e iso Prestashop non o recoñece.

¿Cómo o solucionamos? É sinxelo, primeiro descomprimimos a carpeta e logo volvemos a comprimir, pero esta vez, cambiando o nome da carpeta a “cecamodule”. 1) Descomprimimos nalgún sitio (no Escritorio por exemplo):

Xa que estamos, e para que quede bonito, imos cambiar un arquivo para que cando paguemos, en lugar do logo de CECA, aparezan as imaxes das tarxetas. Este arquivo é: views/img/ceca-logo.png. Entramos no cartafol views, logo no cartafol img e o arquivo ceca-logo.png é o que debemos substituir polo que queiramos, por exemplo cunha imaxe coma esta (sacada de google directamente e sen comprobar se se aceptan máis ou menos tarxetas):

Agora imos de novo á carpeta inicial, creamos unha carpeta chamada cecamodule, seleccionamos tódolos arquivos e metémolos nela, logo facemos click dereito nela e seleccionamos a opción comprimir.

Instalando o noso módulo CECA en Prestashop

Compre lembrar que para poder instalar módulos, o directorio de Prestashop correspondente debe ter permisos de escritura, se nos da calquer erro de permisos, debemos contactar co soporte de hosting para que asignen eses permisos á carpeta ou ben facelo nos a través dalgún cliente de FTP. Primeiro paso: Acceder ao panel de administración de Prestashop e ir a “Módulos” → “Módulos e Servizos”:

Facemos click na opción “Subir un módulo”

Logo aparece esta pantalla, simplemente arrastramos o arquivo dende o escritorio ao centro da zona

Tras subilo, veremos unha pantalla coma esta:

No caso que fallase veremos unha pantalla de erro:

Se nos da un erro, podemos facer click no texto “¿Qué ocurrió?” para tratar de saber a qué se debe o erro. Neste exemplo, ao facer click o texto pon “Este archivo no es un módulo en formato ZIP válido.” e significa que non descomprimín e volvín a comprimir o módulo como se mostra nas instrucións. Unha vez instalado o módulo correctamente, ímolo configurar, para elo, dende a lista de módulos (que podemos recargar) ou desde o botón configurar da mensaxe de éxito de instalación imos ao panel de configuración do módulo.

Aquí debemos introducir os datos que xa temos apuntados do paso 1:

  • MerchantID
  • AcquireBIN
  • TerminalID
  • Clave secreta de encriptación

Cando facemos click en “Guardar configuración” se tódolos datos son correctos, aparecerá a mensaxe de éxito. NOTA: No nome do comercio non se admiten espazos nin símbolos.

No seguinte enlace podes descargar o módulo con todos os pasos anteriores feitos con excepción no cambio das imáxenes das entidades emisoras das tarxetas https://drive.google.com/open?id=1e_idRPZsDoDiqz38snVZl4IwCBXWH8xH , pero recoméndase facer todos os pasos descritos co que teremos a módulo actualizado a data con que o baixemos (o módulo con todas as modificacións está actualizado ao 31 de abril de 2018).

Na páxina 23 no manual de Cecabank de implmentación do TPV virtual na páx 23 se relación número de tarxeta de proba. Son os seguintes

5540500001000004 Caducidad:e AAAA12 (Decembro ano en curso) CVV2: 989

5020470001370055 Caducidade: AAAA12 (Decembro ano en curso) CVV2: 989

5020080001000006 Caducidade: AAAA12 (Decembro ano en curso) CVV2: 989

4507670001000009 Caducidade: AAAA12 (Decembro ano en curso) CVV2: 989

AAAA será sustituido polo ano en curso

Notas adicionais:

  • Non se debe esquecer configurar o campo “URL online OK” no panel do banco, ou non xerará os pedidos.
  • O módulo CECA non se mostra como un módulo de pago, senón como un módulo xeral, co cal para desactivar o pago por tarxeta, debemos desactivar o módulo.

Discusión

Jose Sanchez, 2018/03/28 18:42, 2018/03/30 22:25

Se tes algún problema configurando este panel e pertences a un centro educativo, podes contactar con nos para que intentemos axudarche. Para contactar connosco podes poñer aquí un comentario co teu erro ou enviarnos un correo electrónico ao enderezo: preguntas (arroba) cmcomercio (punto) es

Podría dejar un comentario si estuviera logeado
This website uses cookies for visitor traffic analysis. By using the website, you agree with storing the cookies on your computer.More information
prestashop_plugin_tpv_abanca.txt · Última modificación: 2018/04/05 21:50 por amandias