Proxectos de innovación didáctica no ámbito na FP premiados pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. da Xunta de Galicia nas convocatorias dos anos 2017, 2018 e 2019
Un dos principales retos neste proxecto era o alto custo dos materiais profesionais. Para uso docente, non son necesarias antenas de gran calidade con drivers capaces de ler tódolos tags dun palé en menos de 5 segundos, sen embargo, o reto estaba en lograr mostrar esta tecnoloxía ao alumnado.
Por uns 300 €, teremos todos os materiais. Sempre podemos prescindir da impresora e da pantalla táctil para baixar o noso presuposto.
Neste caso, un tag é unha pegatina cun chip que nos permite programar un código ou texto pequeno. Dentro da etiqueta, que se pode ler a distancia, meteremos por comodidade o código de barras do artigo. Hai moitas aproximacións a isto, meter o código de barras en lugar de ler simplemente o ID pareceunos o máis simple.
O CHIP que vai dentro da pegatina non ten pila ou batería algunha, simplemente unha antena. Esta antena se emprega para dúas cousas: Inducir corrente eléctrica (campo magnético) e alimentar o chip para que mande por esa mesma antena de volta os datos que lle pidamos.
Existen moitros tipos de TAGs, neste caso empregaremos os tags programables máis baratos que existen, cuns 180 bytes de información. Un byte poderíamos dicir que pode almacenar un caracter.
O ID é un número que ven pregrabado de fábrica no TAG, non se pode cambiar e a súa lectura é moi rápida, pois non se require apenas negociación co chip.
Depende da tecnoloxía do tag, da antena e do driver. Neste caso temos que poñer o lector a escasos centímetros (como no pago cunha tarxeta de crédito) sen embargo, en sistemas profesionais de almacén, esta distancia pode alcanzar varios metros.
EAN13 | Nombre | PVP |
---|---|---|
8400000010092 | Cotones de algodón Auritis | 7,80 € |
8400000010047 | Decolorante H2O2 PeloBlanco | 5,40 € |
8400000010054 | Champú anticaída Calviño | 7,70 € |
8400000010061 | Acondicionador Enredos+ | 6,80 € |
8400000010085 | Discos algodón Maquillamenos | 1,80 € |
8400000010078 | Peine Antienredos Levopelos | 7,20 € |
8400000123457 | Crema de manos Maniseco | 20,00 € |
8400000100151 | Body Milk Corpohidrata | 7,50 € |
8400000010023 | Crema facial Caraseca | 35,70 € |
8400000010030 | Tinte de pelo Pelosinto | 45,50 € |
A idea é moi simple. Temos unha pequena base de datos de produtos cun código de barras. Simplemente nos tags programables, metemos ese código de barras. Para evitar dobles lecturas, o programa tamén lé o ID do tag.
Por simplicidade, o programa está limitado á lectura deses productos, debéndose cambiar o código para ler outros diferentes. De terse coñecementos de programación, o código poderíase cambiar para ler dunha base de datos a información sobre os produtos buscándoos pola súa referencia EAN13.
É necesario crear as imaxes dos produtos. No arquivo zip axunto arriba co software, podes atopar unha folla de cálculo cos códigos de barras, as imaxes modificadas por alumnado da FP Básica de Informática de Oficina e o propio software en dúas edicións: Un lector simple en modo texto e dous programas en python: Un co lector e outro cun simulador.
Unha vez teñamos os artigos coas etiquetas, e teñamos todo engadido á nosa base de datos de produtos, podemos pasar ao seguinte paso, montar o lector.
Esto é o aspecto das nosas, envoltas tamén por alumnado da FP Básica de Informática de Oficina.
Raspbian é a distribución de GNU/Linux por excelencia usada nas Raspberry Pi. Non require pago de licencia e nos permite ter unha pequena contorna gráfica na que podemos executar as aplicacións que desexemos.
Ademáis, nos permitirá facer os seguintes pasos necesarios moito máis fácil. Por comodidade conectaremos polo cable HDMI a raspberry pi a unha pantalla externa normal e por USB conectaremos un rato e un teclado.
Instalación de librarías para Python.
sudo apt-get install python-spidev python3-spidev
Debemos ademáis activar SPI. Temos dúas opcións:
Modo texto:
sudo raspi-config
E logo ir á opción 5 Interface Options → P4 SPI → Yes → Ok → Yes (reboot)
Ou ben, através da contorna gráfica:
Libraría: SPI-Py
$ sudo apt install git
$ git clone https://github.com/naleefer/SPI-Py
$ cd SPI-Py
$ sudo python setup.py install
Libraría MFRC522
$ git clone https://github.com/naleefer/MFRC522-python
$ cd MFRC522-python
$ sudo python setup.py install
Hai que instalar as librarías wx para python. Ollo, a nova versión pode dar erros.
$ sudo apt install wxglade python-wxtool python-wxversion python-wxgtk3.0 unzip
Logo descomprimimos o zip: AlmacenRFID.zip
$ unzip AlmacenRFID.zip
Agora teremos dous arquivos e algún directorio.
Os dous arquivos que nos interesan son:
Rfid2odoo.py
→ Ferramenta en modo texto.AlmacenGUI.py
→ Ferramenta en modo gráfico.AlmacenGUI-simulador.py
→ Simulador en contorna gráfica de lectura.Pódese executar cada un deles dende consola, antepoñendo antes a palabra python (ou de forma directa dando permisos de execución):
Exemplo:
$ python AlmacenGUI-simulador.py
Pódese ver o esquema aquí: https://pimylifeup.com/raspberry-pi-rfid-rc522/
A foto do artigo de referencia: